A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez e o director-conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández entregaron esta maña un diploma a un grupo de usuarios da Asociación Amicos pola súa contribución á conservación do medio Ambiente dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Os voluntarios recibiron de bo agrado este diploma e acompañaron á Dna Cecilia e D. José Antonio a coñecer de primeira man as instalacións do Centro de Atención Integral. Na súa conversa non escatimaron en detalles dos traballos realizados nestas xornadas de voluntariado.

“Limpamos a basura da praia, pero antes fomos ao castelo”, clarificou Carolina;”tamén quitamos unhas prantas invasoras”, comentou Juan, “e démonos un baño, a auga estaba algo fría”.

A Xunta de Galicia recoñece así a colaboración de Amicos nas tarefas de conservación do patrimonio natural do país. Os usuarios de Amicos acuden frecuentemente ao Parque Nacional para colaborar en tarefas propias do voluntariado como, entre outras, a recollida de lixo nas praias ou as tarefas de eliminación manual de especies vexetais invasoras.

Amicos colaborou ademais co Parque Nacional mediante a adaptación do seu principal centro de benvida e divulgación, en Vigo. Amicos encargouse de sinalizar mediante pictogramas as instalacións do centro, facéndoo máis accesíbel para as persoas con Transtorno do Especto Autista.