Na véspera do Día Internacional da Muller, Amicos quere poñer o foco sobre as dificultades da muller de cara a súa inserción, sobre todo de aquelas que teñen algunha discapacidade. A entidade conta con varias accións para dar solución a esta problemática e apoialas a acadar unha autorrealización persoal. O ano pasado 10 mulleres con discapacidade lograron un emprego.

Por unha banda, Amicos ten en marcha un programa de formación pensado especificamente para mulleres con discapacidade. A través da formación preténdese dotar ás participantes de habilidades e capacidades que mellorar a súa empregabilidade.

Nesta liña de traballo a entidade conta cun programa de inserción para mulleres con discapacidade. Mediante itinerarios personalizados -adaptados ás necesidades e habilidades de cada muller- o equipo de orientadores laborais realiza diversas accións co fin de que se integren no mercado laboral.