A xornada de sensibilización que se levou a cabo durante a mañá de hoxe foi grazas ao apoio da conserveira Pan do Mar.
A acción que se enmarca dentro das que Amicos leva a cabo para conmemorar o día mundial do medioambiente, logrou reunir a máis de 150 voluntarios e voluntarias, entre os que se atopaban escolares, “profes verdes “ de Amicos e traballadores dá conververa.
Na acción logrouse recoller case 40 quilos de lixo na praia das Sinas, no Concello de Vilanova de Arousa.

 

 

Cada ano prodúcense a nivel mundial máis de 400 millóns de toneladas de plástico e crese que a metade deste material concíbese para unha vida útil dun só uso. Menos do 10% recíclase. Estímase que entre 19 e 23 millóns de toneladas de refugallos plásticos terminan cada ano en lagos, ríos e mares. Así mesmo, os microplásticos invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire.Estímase que as persoas inxeren máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas.

Por iso na mañá do día de hoxe, voluntarios e voluntarias da Asociación Amicos acompañados de 130 escolares de IES Faro das Luas, e traballadores de Pan do Mar, levaron a cabo unha acción de sensibilización e recollida de residuos mariños na praia das Sinas, no concello de Vilanova de Arousa.

 

 

Os “profes verdes” de Amicos comezaron cunha acción de sensibilización para todos os  participantes e que así puidesen adquirir as competencias, habilidades e actitudes necesarias para coñecer todo o relacionado co coidado medioambiental.

O finalizar a gran recollida, lograronse recoller 25 kg de plásticos, 12 kg de mestura e 2 kg de vidro. Un total de 39 kg de residuos.

 

 

Desde a empresa PAN DO MAR, a portavoz da empresa, calificou a actividade “moi beneficiosa para a sociedade”, pois “Estas accións reúnen todos os requisitos que nós buscamos. O coidado do mar, coma a sensibilización dos máis novos, ou a inclusión das persoas con discapacidade” quixo tamén aproveitar a ocasión para informar que cara o vindeiro ano volverán a colaborar con Amicos, “Xa que para nós este tipo de accións reverten nun mellor estado da ría e tamén na calidade de vida das persoas con discapacidade”.

Miguel Beiro, responsable de emprego e empresas de Amicos, quixo dar as grazas a todos os preséntes e comentou que neste 2023 “Levamos recollidas case 1 toneladas de lixo en todas as nosas accións de sensibilización e limpeza medioambiental”. Así mesmo, aproveitou para dar as grazas por esta alianza xa que “é unha aposta para poder continuar realizando estas accións ambientais”.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
PONTEVEDRAVIVA
FARO DE VIGO

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org