Persoas que apoiamos a persoas
Traballamos para apoiar ás persoas con discapacidade. Coñece as nosas últimas historias
Últimas novas
RIANXO CONVÉRTESE NA SEGUINTE PARADA DA EXPOSICIÓN MÓBIL SOBRE O AUTISMO
A nosa campaña para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido pola comarca. A exposición itinerante, que comezou a súa viaxe o 2 de abril con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, chega este luns a Rianxo. Como nas anteriores paradas, na vila tamén organizamos un acto de benvida ao que asistiron o alcalde e a concelleira de Política Social do concello, Julián Bustelo e Ana Vidal, a presidenta de Amicos, Esther Vidal, así como escolares de CEIP ADR Castelao.
A PRAIA DE BASTIAGUEIRO FOI O ENCLAVE ESCOLLIDO PARA A LIMPEZA IMPULSADA POLO BANCO SANTANDER E A ASOCIACIÓN AMICOS
Un ano máis, voltamos a colaborar co Banco Santander para organizar unha xornada de voluntariado a través da que contribuír para preservar os ecosistemas mariños de Galicia. Con este obxectivo, máis dun cento de voluntarios déronse cita a tarde deste mércores, 17 de abril, na praia de Bastiagueiro, situada no concello coruñés de Oleiros.
O PROXECTO RUYOU CHEGA A BRUSELAS, ONDE ALCANZA O SEU PUNTO FINAL NO CUME DA XUVENTUDE RURAL EUROPEA
O programa Rural Youth of Europe (RUYOU) celebrou esta semana o seu Cume da Xuventude Rural Europea en Bruselas. Este evento supuxo a clausura do proxecto, que se desenvolveu a longo de quince meses. O acto tivo lugar este martes e mércores, 16 e 17 de abril, e levou como título ‘Europa: cara o Rural 2030’. A través del buscouse poñer en contacto á xuventude coas institucións europeas e os centros de toma de decisións da eurozona, así como realizar un balance do traballo e os resultados acadados ao seu abeiro.
A MOSTRA DE AMICOS SOBRE O AUTISMO CHEGA A BOIRO, ONDE SE PODERÁ VISITAR DURANTE TODA A SEMANA
A exposición itinerante impulsada por Amicos con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo continúa o seu percorrido polo Barbanza. Despois de visitar Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal, a mostra aterrou este 15 de abril no centro de Boiro. Para darlle a benvida, este luns a entidade organizou un acto na rúa Doutor Santos Mieites 15, lugar da súa instalación, no que participaron autoridades e escolares da zona.
Coñece todo sobre nos nas nosas redes
Máis sobre AMICOS
Coñece os centros de Amicos
Máis de cen usuarios sacan partido cada día das nosas instalacións, que inclúen, entre outros, unha moderna residencia e centro de día, un centro de educación especial e un biocentro. Coñece as nosas instalacións.
Axúdanos colaborando
Para colaborar ca asociación AMICOS pode donar puntualmente ou facerse socio.
Multimedia
Vídeos de eventos e actividades da Asociación Amicos